jueves, 19 de octubre de 2017

Cronica

Este pasado domingo día 15 de outubro a asociación de sendeirismo saíu a facer outra ruta, esta vez a Salcedo en Pobra do Brollón, a ruta da Castaña e do Mel.

Con unha temperatura de 26º e un olor a fume as 8 da mañá, parecía predicir un mal día. As 10 da mañá chegamos a Salcedo e despois de tomar un café con uns pedazos de “bica” que boamente trouxo o dono de “A Cantina de Julia” comezamos a ruta.

Logo de levar andado uns dous kms e tras resvalar , quedámonos sen un dos nosos socios, tivo que ser levado a o hospital de Monforte, horas mais tarde encerámonos que tivo unha fractura de tobillo.

Continuamos coa nosa ruta, que a verdade ten boas vistas, pero a min persoalmente gústanme mais cando o camiño é n sendeiro e non unha pista tan ancha.

Logo de saírnos do camiño un par de veces, rematamos a ruta polas dúas da tarde chegando a Salcedo onde nos esperaba unha comida no mesmo sitio que tomaramos o café pola mañá.

Aínda que facía calor, o caldo e o polo caseiro ademais de os postres que nos tiña preparado Chelo, fíxonos esquecer o que estaba a pasar en Galicia.

A volta con unha calor esaxerada vimos como estaban a queimar a nosa terra en diferentes puntos da nosa xeografía.

Polas 7 da tarde chegamos a Ferreira e cada un para a súa casa, esperándonos ver na seguinte ruta que será en Villayon (Asturias) desexándolle unha pronta recuperación a nosa accidentada

Angel Rivas

Powered by Wikiloc